Pazo de Oca

Este valioso conxunto arquitectónico e paisaxístico foi declarado Monumento Histórico Artístico. Construído como fortaleza no s. XV por Suero de Oca, sufriu diferentes reformas entre os séculos XVII e XVIII. Hoxe en día é propiedade da Fundación da Casa Ducal de Medinaceli.
Dentro do conxunto diferéncianse tres elementos principais: igrexa-capela, pazo e xardíns que o converten no máximo representante da arquitectura civil galega.
O pazo conta cunha parte antiga formada por dúas ás en ángulo recto e unha torre ameada de planta cadrada. Complétase máis tarde coa á sur. No s. XIX constrúese a galería, a escaleira principal, o banco de pedra e a escaleira baixo o portal da entrada principal.
A igrexa-capela, dedicada a Santo Antonio de Padua, é de estilo barroco con planta de cruz latina.  

Reportaxe en directo para o programa "A revista da mañá" da TVG:

 

Reportaxe dos informativos da tarde na TVG:

 

 

Información

Tipo:
Pazos e casas grandes (Patrimonio cultural)
Cronoloxía:
Séculos XVI-XVII-XVIII
Visitable:
Si

Localización

N 42º 44' 47'' - W 8º 23' 40''

Imaxes