O Concello da Estrada está estratexicamente encadrado entre Pontevedra e Santiago de Compostela, e limita cos concellos de Cuntis, Campo Lameiro, Cerdedo, Forcarei, Silleda, Pontecesures, Valga, Teo, Padrón, Vedra e Boqueixón.
Pola súa situación central na Provincia, dende A Estrada accédese ás grandes cidades de Galicia; Santiago de Compostela, capital administrativa e política do país, da que só a separan 23 km e das grandes cidades do norte e do sur, A Coruña, Pontevedra e Vigo.
Ten unha extensión de 281,8 km2 e unha poboación de 22.456 habitantes, distribuídos entre as 51 parroquias e 465 lugares que fan o municipio de maior núcleos rurais de todo o Estado.